lunes, 17 de noviembre de 2014

CQC14

Hola a to@s!
Esta tarea de hoy es CQC(CienciaQueConta) consistía en coger un relato sobre la ciencia y en algunas palabras dudosas pone un hiperenlace que definía la palabra en Wikipedia. Al principio pensé que seriá una actividad custosa, pero fue bastante fácil y creo que para un futuro útil.
Aquí os dejo la historia, espero que os guste!



As fadas Aurora e Boreal
Hai moitos anos, en Abisko, un científico chamado Augusto dedicábase a estudar os fenómenos da natureza.
Unha noite escura e despexada do mes de febreiro, mentres observa ba as estrelas, divisou ao lonxe unha luz moi luminosa, de cores verdes e amarelas. Quedou moi abraiado e dixo en voz alta:
—Que será iso?
As luces fóronse achegando a el pouco a pouco, ata que puido ver dúas fadas bailarinas que facían piruetas coas súas ás e coas súas faldras. Augusto dixo:
—Quen sodes?
As fadas contestaron:
—Somos dúas fadas bailarinas. Ela chámase Boreal e eu Aurora. Por
favor, garda o noso segredo.
—Que segredo? –dixo Augusto.
As fadas contestaron:
—A humanidade non debe saber que existimos, porque senón poderemos correr moito perigo. Augusto preguntoulles:
—Por que mo contades a min?
—Sabemos que ti es de confianza. Observámoste dende hai moito tempo e sabemos o que che gusta a natureza –contestaron as fadas.
E continuaron dicindo:
—Somos fadas que axudamos a protexer a natureza, pero a humanidade
non debe saber de nós nin das nosas curmás, chamadas Aurora e Austral.
Entre os tres inventaron unha escusa e foi a seguinte. Augusto falaría dun fenómeno físico que acontece cando as partículas con carga eléctrica do Sol se precipitan sobre a Terra. As partículas fanse visibles cando chocan con gases da atmosfera da Terra. Este fenómeno só pode verse cerca dos polos. A luz polar do hemisferio norte chámase aurora boreal; a do hemisferio sur denomínase aurora austral. Pódense presentar de distintas formas e cores. Só Augusto sabe que estas cores son debidas aos traxes e aos bailes das fadas. Dende entón a xente vai ver ese
fenómeno da natureza tan marabilloso, mentres as fadas se divirten sen temor a ser descubertas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario